O Concello conmemora mañá o Día Internacional da Lingua Materna coa proxección do documental A palabra xusta

Será a partir das 20:00 horas no auditorio do Vello Cárcere. A entrada é totalmente de balde ata completar aforo

Martes, 20 de febreiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo conmemora mañá mércores, 21 de febreiro, o Día Internacional da Lingua Materna coa proxección do documental A palabra xusta. Será a partir das 20:00 horas no auditorio do Vello Cárcere. A entrada é totalmente de balde ata completar aforo.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, quen manifestou "a importancia de preservar, falar e coidar a nosa lingua, a lingua de todos os galegos e galegas", convidou aos veciños e veciñas, e especialmente ás familias inscritas no APEGO, a achegarse a este centro cultural a ver este documental,  dirixido por Miguel Piñeiro, que conta a histoira de Antía Cal, unha mestra comprometida que fundou en Vigo o colexio Rosalía de Castro en 1961, e que a día de hoxe ten 92 anos. O documental ten música de Nani García e as voces de Javier Gutiérrez e Rebeca Montero.

A palabra xusta é un xogo inventado por Antía Cal para o seu alumnado,  no que ao rematar a clase, cada neno e nena tiña que escribir nun pequeno papel e da forma máis sintética posible o que aprendeu na clase do día. Co paso do tempo o xogo converteuse nunha das máis singulares experiencias pedagóxicas da contorna.

Esta proxección emitiriase conxuntamente o mesmo en distintos lugares galegos, como Culleredo, Oleiros, Pontecedso, Pontedeume, Melide e A Estrada.

Audio

  • Carmen Basadre, sobre o documental A palabra xusta | Descargar mp3

Noticias relacionadas