O Concello comeza a instalación da cartelaría de ‘Lugo, municipio cardioprotexido’ nos accesos á cidade

Unha vez colocados os desfibriladores naquelas dependencias municipais que ata agora non dispuñan deles, comezarán os cursos de formación do persoal municipal.

A Alcaldesa, Lara Méndez, aclarou que, “aínda que as administracións locais non temos as competencias en saúde, que son da Xunta, nós queremos investir en salvar vidas”.

Lugo se converte na cidade máis cardioprotexida do noroeste ao triplicar ou cociente español destes soportes vitais.

Venres, 25 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello comeza a instalación da cartelaría de ‘Lugo, municipio cardioprotexido’ nos accesos á cidade

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada da edil de Benestar, Olga López, estivo presente hoxe na instalación do primeiro cartel que se instalará nos accesos á cidade para informar de que se entra en ‘Lugo con Corazón’, un municipio cardioprotexido.

Coa instalación xa dos novos 47 desfibriladores naquelas dependencias municipais, tanto da zona urbana como rural, que até o momento non dispuñan deles, Lugo se converte na cidade máis cardioprotexida do noroeste ao triplicar ou cociente español destes soportes vitais. Ademais, colocaranse próximamente os dez tótems previstos nas zonas exteriores como prazas públicas e parques, e o Concello disporá doutros dez para os vehículos da Policía e outros servizos de emerxencia, que poderán ser solicitados de xeito puntual polos colectivos e entidades da cidade.

O Concello de Lugo inviste neste programa, ‘Lugo con corazón’, preto de 150.000 euros, “e, aínda que os concellos non temos as competencias en saúde, en Lugo cremos fundamental investir en salvar vida”, incidiu Lara Méndez.

Tamén darán comezo agora os cursos de manexo dos desfibriladores para o persoal municipal. A rexedora falou da importancia de que os traballadores coñezan o funcionamento destes soportes, “porque a pronta atención nos casos de parada cardiaca é fundamental xa que as estadísticas nos din que só un 20% das persoas que os sofren chegan con vida ao hospital.”

Segundo avanzou a concelleira de Benestar, a duración mínima dos cursos será de 8 horas, das que dous terzos polo menos destinaranse ao módulo de prácticas, sendo a modalidade dos mesmos exclusivamente presencial.

A formación, que impartirá a empresa adxudicataria da instalación dos desfibriladores, acreditarase mediante a certificación individual correspondente, que deberá estar recoñecida polo Consello Español de Resucitacion Cardiopulmonar (CERCP) a través da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ou doutra entidade equivalente e terá unha vixencia de dous anos, contados a partir da súa expedición.

Noticias relacionadas