O Concello colabora cunha xornada de voluntariado ambiental no parque fluvial, entre a Ponte Romana e o Pazo de Feiras e Congresos

Terá lugar este domingo de 17:00 a 21:00 horas. As persoas interesadas en participar poden facelo nas instalacións de Decathlon Lugo e a través da súa páxina web

Venres, 22 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello colabora cunha xornada de voluntariado ambiental no parque fluvial, entre a Ponte Romana e o Pazo de Feiras e Congresos

O Concello colabora cunha xornada de voluntariado ambiental no parque fluvial entre a Ponte Romana e o Pazo de Feiras e Congresos. Dita actividade, organizada pola Fundación Oxígeno, a Fundación Biodiversidade e Decathlon Lugo, terá lugar este domingo, 24 de setembro, de 17:00 a 21:00 horas.

Para o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, a tarefa de fomento dos valores ambientais e o traballo pola sostibilidade debe ser unha acción diaria e constante, por parte tanto de administracións como da cidadanía, pero ás veces necestiamos pór o foco nun aspecto concreto, como neste caso que se centra na plantación de árbores e arbustos autóctonoas, así como na recollida de residuos; para axudar a conservar o noso entorno natural.

Piñeiro fixo un chamamento ao pobo de Lugo á participar nesta xornada, de inscrición gratuíta, pero obrigatoria. As persoas interesadas poden facelo tanto nas instalacións de Decathlon Lugo como na súa web, www.decathlon.es/accionesambientales.html. O punto de encontro é a Ponte Romana, xunto á parada de taxis rúa Santiago. Ao remartar haberá obsequios e merenda para as persoas participantes.

Audio

  • Daniel Piñeiro, sobre a xornada de voluntariado ambiental | Descargar mp3

 

Noticias relacionadas