O Concello colabora cun proxecto galego para a eliminación de especies invasoras

O martes realizarase nunha parcela municipal próxima aos campos de fútbol de Montión unha xornada divulgativa e demostrativa de voluntariado coa participación de alumnos e alumnas do CEIP Rosalía de Castro

Sábado, 14 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Persoal, que dirixe Daniel Piñeiro, informa de que o vindeiro martes de 12:00 a 14:00 horas aproximadamente se realizará unha xornada divulgativa e demostrativa de voluntariado para a eliminación de plantas alóctonas invasoras. O Concello colabora deste xeito cun proxecto galego, impulsado polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).

Esta actividade, que contará coa participación de alumnos e alumnas do CEIP Rosalía de Castro, terá lugar na parcela de titularidade municipal próxima aos campos de fútbol do barrio de Montirón, onde se realizará unha actuación de eliminación de Conyza canadensis. Preténdese acadar a participación e o compromiso da cidadanía na conservación do medio ambiente e a promoción da sustentabilidade ambiental.

Noticias relacionadas