O Concello colabora coa V Feira Outlet que organiza a Asociación de Autónomas de Lugo na Praza de Anxo Fernández Gómez

Mércores, 15 de outubro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Rosana Rielo, acompañada pola Deputada provincial de Deseño e Artesanía, Regina Polín, inauguraron este martes a V Feira Outlet. Esta feira está organizada pola Asociación de Autónomas en colaboración co Concello de Lugo, coa que se impulsan as vendas dos produtos de stock dos comercios da cidade grazas ás importantes rebaixas aplicadas.

A V Feira Outlet está situada nunha carpa na Praza de Anxo Fernández Gómez, detrás da Casa do Concello. A feira estará aberta dende hoxe ata o xoves 16 de outubro, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00  horas.

Un total de 32 comerciantes lucenses estarán presentes nesta nova edición da Feira Outlet. Estes porán á venda centos de produtos variados de stock a prezos considerablemente reducidos, con descontos dun 50% a un 80%. Zapatería, téxtil, xoiería, lencería, fogar, pel, agasallos, peiteado, cosmética, deporte e accesorios de mascotas, serán as mercadorías que se poderán adquirir, moitas delas de destacadas marcas.

Multimedia

Noticias relacionadas