O Concello clausura coa entrega de diplomas o Keep Moving!, centrado en fomentar a participación xuvenil nas políticas locais

Mércores, 07 de febreiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello clausura coa entrega de diplomas o Keep Moving!, centrado en fomentar a participación xuvenil nas políticas locais

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, entregou este mércores no CEI Nodus os diplomas acreditativos da participación aos mozos e mozas de Lugo que tomaron parte no Keep Moving!, un programa que conseguiu o Concello a través do Erasmus+, co fin de darlle voz á xuventude europea, coñecer de primeira man a súa realidade e intercambiar coñecementos para buscar solucións conxuntas e innovadoras aos seus problemas: o paro e a desigualdade. Deste xeito, clausúrase este programa que, impulsado polo Concello, contou coa participación de mozos e mozas do municipio de Tábua (Portugal), Redi Educare ai diriti humani de Follonica (Italia) e Intercultura de Francia.

Noticias relacionadas