O Concello celebra o Día Mundial do Patrimonio Audiovisual ofrecendo na súa páxina web fotografías antigas

O Arquivo Municipal quere poñer de relevo este día cunha pequena mostra de fotografías antigas dixitalizadas, permitindo así  a súa difusión entre os veciños e veciñas de Lugo, en aras do seu coñecemento

Xoves, 27 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello celebra o Día Mundial do Patrimonio Audiovisual ofrecendo na súa páxina web fotografías antigas

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, explicou este xoves que o Concello celebrou ao longo do día de hoxe o Día Mundial do Patrimonio Audiovisual, aprobado no 2005 pola UNESCO para concienciar ao público sobre a necesidade de tomar medidas urxentes e recoñecer a importancia deste tipo de documentos.

Tal e como deu a coñecer o edil, o Arquivo Municipal de Lugo quere poñer de relevo este día cunha pequena mostra de fotografías antigas dixitalizadas, permitindo así  a súa difusión entre os veciños e veciñas de Lugo, en aras do seu coñecemento.

A mostra que se pode observar en www.lugo.gal, conta cun conxunto de imaxes da Colección Delgado-Guisasola, propiedade do Concello dende 1990, onde se reflicte a relación que esta cidade tivo coa gandería ao longo da súa historia, dende vacas pacendo no actual Albeiros, ata carros de bois paseando pola antiga estrada de Santiago de Compostela, ata as reportaxes da feira de gando no San Froilán, realizadas por distintos fotógrafos. Esta exposición remata coa testemuña gráfica da existencia dunha praza de touros móbil no cruce da rúa Nóreas coa rúa San Pedro a principios do século XX.

+ info