O Concello axudará a Aspnais na transformación do Hospital de San José nun Centro para atender a persoas con discapacidade

A Xunta de Goberno aprobou unha subvención de 130.000 euros para a redacción do proxecto de reforma

Venres, 24 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Luis Álvarez, Voceiro do Goberno local

Con esta achega, que debe ratificar o Pleno, as axudas do Concello ó tecido social de Lugo chegan este ano a 1.989.000 euros

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, anunciou hoxe que o Concello de Lugo axudaralle económicamente a Aspnais na financiación do proxecto para transformar o edificio do antigo Hospital de San José nun centro para atención de persoas con discapacidade intelectual ou de desenvolvemento.

Luis Álvarez deu conta da celebración esta mañá dunha Xunta Local de Goberno de carácter extraordinario para levar ó Pleno de maio unha modificación orzamentaria que permita concederlle a Aspnais unha achega económica por importe de 130.000 euros porque “o seu labor de apoio a persoas con discapacidade coincide coas liñas de actuación das políticas sociais que desenvolve o Goberno local, e dicir, axudar a aquelas persoas que, polas súas características, sexan persoais, económicas ou sociais, son merecederas de achegas de tipo público”.

A Xunta Local de Goberno celebrou esta sesión de carácter extraordinario para cumprir os trámites preceptivos antes da sesión plenaria do mes de maio e que a oposición municipal teña tempo dabondo para estar informada do asunto antes da xuntanza da Comisión de Contas.

O Goberno local aprobou, en primeiro lugar, un expedente de modificación orzamentario co obxectivo de adicar 130.000 euros dos remanentes municipais á concesión dunha subvención polo mesmo importe á Aspnais. Con esa axuda o Concello apoiará a redacción do proxecto técnico das obras de reforma interior que se van acometer no Hospital de San José, onde se centralizará o labor que ven desenvolvento nos dous edificios dos que dispón para a prestación de servizos sociais a persoas con discapacidade intelectual ou de desenvolvemento.  

Así mesmo, o Goberno local aprobou o proxecto de modificación de bases de execución orzamentaria no relativo ás subvencións nominativas para 2015, co fin de incluir esta achega extraordinaria a Aspnais.

O Voceiro do Goberno local destacou que esta nova axuda engádese ós 1.859.600 euros para subvencións ó tecido asociativo de Lugo que xa aprobara o Concello dentro do Plan estratéxico de subvencións, porque, lembrou “este Goberno fomenta a participación e a dinaminación da vida social de Lugo das entidades dos ámbitos social, cultural, deportivo, etc”.

Concretamente, a nova achega económica incorporase ó gasto en subvencións en materia de servizos sociais, que inicialmente era dun total de 529.500 euros, dos que 216.500 ían no capítulo de subvencións nominativas e os restantes 301.460 euros no de concorrencia competitiva.

Audio

  • Luis Álvarez, Voceiro do Goberno local, sobre a subvención a Aspnais | Descargar mp3

Noticias relacionadas