O Concello atende as demandas dos lucenses e instala unha canastra e unha portería na explanada do Pavillón Municipal de Deportes

A entidade local fixo unha achega de 9.000 euros para dotar a Lugo dun novo punto de deporte, o que contribúe a impulsar a práctica deportiva dos lucenses e a dinamizar a cidade

Luns, 18 de xaneiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández, durante a súa visita ao Pavillón Municipal

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, visitou este luns a explanada do Pavillón Municipal, onde o Concello instalou un frente de pista deportiva con canastra e portería, unhas actuacións que dan resposta ás peticións veciñais nos Orzamentos Participativos. “Con estas melloras, a entidade local acondiciona as zonas públicas para a práctica do deporte ao tempo que contribúe a fomentar o deporte entre os lucenses e a dinamizar a cidade”, subliñou Fernández. Deste xeito, o Concello continúa a executar os 59 proxectos demandados polos lucenses que contan cunha dotación económica de 500.000 euros.

“A instalación desta pista deportiva enmárcase dentro da aposta do Concello polo deporte, para todas as idades e en todas as modalidades”, asegurou o voceiro, quen deu a coñecer que o Concello fixo unha achega económica duns 9.000 euros para incorporar esta novas estructura que mellora as dotacións deportivas coas que conta a cidade.

Miguel Fernández aproveitou a visita para animar aos veciños a veciñas a participar nas diferentes propostas de promoción da acividade física que leva a cabo o Concello.

Noticias relacionadas