O Concello asina o contrato para a renovación do abastecemento de auga a Montero Ríos

Venres, 11 de abril de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

 A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, asinou  esta mañá o contrato para a execución das obras de renovación do abastecemento de auga na rúa Montero Ríos. 

Este proxecto conta cun presuposto de 75.730 euros, que vai investir a Concellería de Urbanismo e Medio Ambiente, dirixida por Luis Álvarez, para levar a cabo a renovación na canalización do sistema de abastecemento de auga da rúa Montero Ríos.
Esta obra foi convocada por urxencia para axilizar todo o posible a tramitación administrativa dun proxecto que ten o obxectivo de dar unha solución definitiva ós problemas de abastecemento de auga causados polas roturas da tubería nesta rúa.
O prazo para a execución destas obras será dun mes e medio. 

Noticias relacionadas