O Concello arranxará a vindeira semana a fuga dun colector de saneamento en Pintor Pacios

Sábado, 02 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Educación e Infraestruturas Urbanas, que dirixe Manuel Núñez, acometerá a vindeira semana a reparación dun colector da rede de saneamento que dá servizo á rúa Pintor Pacios. A entidade local, tras recibir o aviso por parte da veciñanza da zona, realizará de xeito urxente as obras necesarias para reparar dito colector, cunha fuga de augas residuais á altura do número 19 desta rúa, e garantir así o bo funcionamento deste servizo público á veciñanza.

Previsiblemente, o vindeiro luns, comezará a execución das tarefas tras realizarse nos últimos día a localización da avaría.

Noticias relacionadas