O Concello arranxa a rede de saneamento da Avenida das Américas

Os traballos comezaron hoxe e contan cun orzamento de 18.000€, segundo anunciou o Concelleiro de Infraestruturas Urbanas

Martes, 18 de abril de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, por medio da Concellería de Educación e Infraestructuras Urbanas, que dirixe Manuel Núñez, iniciou hoxe as obras de reparación da rede de saneamento da Avenida das Américas, atendendo deste xeito a unha das melloras máis demandadas pola veciñanza desta zona da cidade.

Con esta actuación o Concello soluciona o máis grave dos problemas de saneamento da rede municipal nesta localización, xa que, por mor das continuas intervencións de desatasco, o colector chegou a deteriorarse de tal xeito que propiciou a aparición de filtracións en determinados edificios desta avenida.

Cun orzamento de preto de 18.000 euros, o Concello renovará o tramo de colector que discorre pola beirarrúa diante do portal Nº 2 ata o cruce coa rúa Bidueiro, conectando este tramo de colector renovado co principal, que pasa polo centro da Avenida das Américas.

A obra consistirá na demolición de pavimento  de beirarrúa e calzada, a reparación da rede de saneamento e a posterior reposición do pavimento. O prazo de execución destas actuacións é de tres semanas, polo que está prevista a regulación do tráfico mentres duren as mesmas.

Noticias relacionadas