O Concello aproba melloras na rúa Santo Domingo da Calzada

A Concellería de Infraestruras e Zona Rural, que dirixe Manuel Chaín, executará obras de mellora na rúa Santo Domingo da Calzada, nas que se van investir 24.400 euros

Venres, 20 de febreiro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A actuación consistirá na renovación do pavimento e do abastecemento desta rúa situada no Grupo de vivendas La Paz, no barrio de Fingoi.

 A execución destes traballos foi adxudicada pola Xunta de Compras do Concello na reunión que celebrou este venres.

Noticias relacionadas