O Concello aproba mañá a transmisión da titularidade dos terreos municipais que ocupará a nova rotonda de Alfonso X

A superficie, de 476’78 m², atópase próxima á intersección entre esta vía e a Nacional VI, onde se ubicará a dotación.

O expediente xa recibiu fiscalización e se remitirá este mércores á Xunta de Goberno para autorizar a cesión, antes de comunicarllo ao Ministerio.

Lara Méndez: “esta nova infraestrutura mellorará o tránsito nunha das principais vías que rodea a cidade, especialmente para as persoa usuarias da zona universitaria e dos equipamentos deportivos que se atopan nesta parte da capital”.

Martes, 01 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello aproba mañá a transmisión da titularidade dos terreos municipais que ocupará a nova rotonda de Alfonso X

O Executivo de Lara Méndez aproba mañá a transmisión da titularidade dos terreos municipais nos que se ubicará a nova rotonda de Alfonso X. Unha infraestrutura tan demandada como necesaria e que permitirá mellorar o tránsito nunha das principais vías que rodea a cidade.

A alcaldesa indicou que a ubicación da rotonda se manterá, como estaba previsto, na intersección entre Alfonso X e a Nacional V para facilitar a incorporación dos vehículos que circulen por esta vía cara Aceña de Olga “o que reverterá na fluidez do tráfico rodado e dará un gran servizo ás persoas usuarias da zona universitaria e dos equipamentos deportivos que se atopan nesta parte da capital”.

A rexedora lembrou a complexidade da súa traminación durante a que foi preciso corrixir as proporcións da dotación para adecuala ás dimensións da superficie dispoñible, “xa o que seu deseño inicial invadía terreos recoñecidos polo PXOM como zona verde. Unha cualificación de complexa reversión que alongaría aínda máis o procedemento, polo que a opción escollida entre ámbalas dúas administracións foi levar a cabo unha modificación do proxecto”.

Lara Méndez avanzou que, tras entregarse o derradeiro informe que ficaba pendente, no que se recolle con exactitude a superficie a ceder - en total 476’78 m² - así como o plano correspondente da parcela, “o documento recibiu a correspondente fiscalización por parte da Intervención Municipal antes de remitirse mañá á Xunta de Goberno para que o aprobe definitivamente e se lle poida dar traslado ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e formalizar, nunha acta oficial, a cesión”, concluíu.

Audio

  • Lara Méndez, sobre a nova rotonda de Alfonso X | Descargar mp3
 

Noticias relacionadas