O Concello aproba a compra de PDAs para a Policía Local

Venres, 09 de abril de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello autorizou a compra de 25 PDAs para a Policía Local coas que se pasará a tramitar as multas de xeito automático no canto de facelo cos actuais boletíns. O Concello vai investir 18.000 euros neste proxecto. A Xunta de Compras do Concello aprobou hoxe este gasto que se vai adicar á compra das PDAs, á instalación dos programas informáticos, compra de impresoras e máis á formación dos policías.
En materia de tráfico acordouse, ademáis, adicar case 7.000 euros á compra de pintura viaria, máis de 6.300 euros a comprar 100 bolardos, case 5.300 euros á compra de 75 postes especiais para estrada e balizas, case 1.950 euros para adquirir 49 sinais normativas e máis de 1.300 euros para comprar dous paneis normativos.

A Xunta de Compras do Concello tamén aprobou hoxe adicar 55.200 euros do Plan E ó acondicionamento dos accesos á Casa adaptada para persoas discapacitadas. Esta obra foi adxudicada á empresa Canalugo.

En materia de Medio ambiente, decidiuse adicar 57.862 euros á creación de xogos infantís nas costas do Parque Rosalía de Castro, unha actuación que se adxudicou á empresa Laptset.

Da área de Educación destacan o investimento que se vai facer no Ceips de Albeiros. Son 56.889 euros que se van adicar á reubicación do comedor, local da da Ampa e almacén-salón de actos. A obra vaina executar a empresa Ares Iglesias S.L.

Ademáis, na área de Zona rural acordouse adicar máis de 19.000 euros ó acondicionamento do acceso e contorna da antiga Escola de Santa Comba, rehabilitada con fondos do Plan E. O proxecto autorizado hoxe vai ser executado pola empresa Portosar Galicia.

Noticias relacionadas