O Concello apoia á Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia ACADAR, coa celebración do obradoiro Liderar para medrar

Luns, 21 de setembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, visitou esta mañá ás mulleres participantes no obradoiro Liderar para medrar

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, visitou esta mañá ás mulleres participantes no obradoiro Liderar para medrar, que deu comezo hoxe no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

O Concello colabora con este obradoiro, organizado pola Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia ACADAR, cunha achega económica de 3.000 euros. Liderar para medrar está conformado por catro accións formativas en materia de liderado.

Os seus obxectivos son os de capacitar no liderado das mulleres con discapacidade, repercutir á reeducación das características propias da socialización diferencial, garantindo así a igualdade de oportunidades, e fomentar a participación social e activa das mulleres con discapacidade.

Noticias relacionadas