O Concello aplica esta noite e a que vén un tratamento antideslizante nas beirarrúas da contorna do centro de saúde de San Roque, prohibíndose o aparcamento na zona

Mércores, 20 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello aplicará esta noite e a que vén un tratamento antideslizante no pavimento das beirarrúas da rúa Peña Anda. Con este producto antideslizante, que é novidoso, xa que é a primeira vez que se utiliza na cidade de Lugo; a entidade local garante a seguridade dos peóns, pois ten dentro das súas cualidades un alto nivel de adherencia para evitar esvaraduras. Ademais, con estas tarefas dáse resposta a diversas peticións veciñais.

Tras a aplicación do tratamento antideslizante na zona do centro de saúde de San Roque, no que o Concello inviste uns 6.000 euros, prohíbese aparcar esta noite e a do xoves, cada noite nunha beirrarrúa, sendo a da dereita subindo o primeiro día e a da esquerda subindo o segundo día.

Estes traballos complementan ás tarefas de mellora da accesibilidade na zona que acometeu o Concello no outono, onde investiu 35.000 euros en substitución de baldosas, colocación de varandas e pintado de novos pasos de peóns; o que respalda unha mellor mobilidade e seguridade á veciñanza de San Roque e ás 8.000 persoas usuarias do centro de saúde.

Noticias relacionadas