O Concello amplía ata o venres 12 o mercadiño de intercambio de libros de texto ante o éxito de participación

Mércores, 10 de xullo de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que se vai ampliar ata o venres 12 de xullo o mercadillo de intercambio de libros de texto para o próximo curso.

Desta maneira, cúmprese as solicitudes feitas por moitas familias neste segundo día de mercadillo, para ampliar os días nos que intercambiar libros na Casa da Xuventude.

Desta maneira, entre as 11 e as 14 horas todas aquelas persoas que estén interesadas poderán achegarse á intercambiar os libros de texto que xa non van usar por outros que poden necesitar para o próximo curso. Trátase dunha iniciativa para que as persoas poidan aliviar o peso económico que supón a compra de libros novos para o próximo curso. Ademais, en moitas ocasións, os libros de texto, úsanse un curso académico e quedan en bó estado polo que é unha maneira de aforrar e reciclar o material en bo estado.

Noticias relacionadas