O Concello agasalla, con motivo do Día do Pai, dúas entradas dobres para o concerto de Víctor Manuel nas súas redes sociais

Será a través dun sorteo en Facebook no perfil xénerico do Concello de Lugo e no perfil dedicado á area Cultura e Turismo. Para participar é preciso facerse fan de calquera destes perfís, darlle á opción de Gústame e compartir a publicación que se realizou ao longo do día de hoxe de xeito público

Mércores, 13 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello agasalla, con motivo do Día do Pai, dúas entradas dobres para o concerto de Víctor Manuel, que terá lugar  vindeiro día 22 de marzo, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal Gustavo Freire, unha actividade enmarcada na programación de Artes Escénicas do Concello para o primeiro semestre do ano.

Será a través dun sorteo nas súas redes sociais oficiais, concretamente no perfil de Facebook xénerico do Concello de Lugo e no perfil de Facebook dedicado á area Cultura e Turismo. Para participar é preciso facerse fan de calquera destes perfís, darlle á opción de Gústame e compartir a publicación que se realizou ao longo do día de hoxe nestes perfís de xeito público.

Poderán participar no concurso todas aquelas persoas físicas, maiores de idade, que lle den a Gústame e compartir á publicación de Facebook do concurso/sorteo. A determinación das persoas gañadoras do premio terán lugar por sorteo durante o 18 de marzo de 2019 mediante un programa informático entre as e os usuarios que lle den a Gústame e compartan a publicación de Facebook do sorteo.

A notificación ás persoas gañadoras realizarase a través dun comentario na publicación do sorteo nas páxinas de Facebook, así como dun post específico nas redes sociais. A partir de dita comunicación, as persoas gañadoras deben enviar unha mensaxe privada cos seus datos (nome completo, DNI e teléfono móbil) antes das 10:00 horas do mércores 20 de marzo de 2019. No caso de que pasado ese prazo a organización non recibise os datos solicitados, entenderase que renuncia ao premio, perdendo o dereito ao mesmo. Na resposta a devandito mensaxe indicaráselle como gozar do premio. No caso de non producirse dito contacto no prazo indicado, comunicarase o nome dun ou dunha gañadora suplente, podendo chegar a declararse o premio deserto. 

Noticias relacionadas