O concello agarda que a Xunta de Galiza autorice o acondicionamento da vía de Castelo de Arriba ao HULA

Alexandre Penas: “Ao coincidir un tramo desta vía co Camiño Primitivo debemos obter autorización da dirección xeral de Patrimonio”

A vía é utilizada habitualmente por moitas persoas para chegar ao HULA

Martes, 28 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O concello agarda que a Xunta de Galiza autorice o acondicionamento da vía de Castelo de Arriba ao HULA

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que o concello remitiu á Dirección Xeral de Patrimonio o proxecto para acondicionar a vía de Castelo de Arriba, na parroquia de Castelo. “Ao coincidir un tramo desta vía co percorrido do Camiño Primitivo, debemos obter a autorización de Patrimonio para poder intervir nesta rúa”, indicou Alexandre Penas.

“Esta rúa é usada a diario por moitas persoas para chegar ao HULA, ademais de polas veciñas e veciños da zona”, indicou Alexandre Penas, que engadiu “unha vez Patrimonio autorice a actuación comezaremos o proceso de adxudicación”.

Alexandre Penas sinalou “estamos actuando en zonas nas que foi moitos anos que non se fan intervencións para mellorar a calidade de vida das  veciñas e veciños, que agradecen moito que dende o concello se lles teña en conta”.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre o Castelo de Arriba | Descargar mp3

Noticias relacionadas