O Concello adxudica vinte obras de pavimentación cun investimento de case un millón de euros

O Concello adxudicou este venres unha vintena de obras que suporán un investimento total que se achega a un millón de euros.

Venres, 15 de maio de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Na xuntanza que celebrou este mediodía a Mesa de Contratación propúxose a adxudicación dun total de 20 obras por un importe de 993.770. Todas as adxudicacións realizáronse por procedemento aberto e supuxeron aforros de orredor do 25%, suman en total máis de 200.000 euros de aforro.

O servizo de Infraestruturas informou á Mesa de Contratación que non acepta ningunha das xustificacións das baixas temerarias ou desproporcionadas que presentaron algunhas das empresas que fixeron ofertas, polo que as obras foron adxudicadas ás seguintes empresas:

  • Ronda da Muralla treito 2 e 3: Canalugo
  • Nicomedes Pastor Díaz e Monforte: Rafer
  • Rúa Fisterra, Camiño de Romai, Camiño de Friás: Asogal
  • Rúa do Peto: J Mauri e Hijos
  • Rúa do Cuco e Rúa Virxe dos Ollos Grandes: Probisa
  • Rúa Lopo Lías: Sergonsa
  • Rexeneración de firmes na estrada da LU-530 ao núcleo de Castelo de Abaixo: Fevisa
  • Rexeneracion de firmes na estrada de Recimil a Corvelle: Ponciano Nieto
  • Rexeneracion de firmes na estrada da LU-P- 2922 a Recimil: Leonardo Miguélez
  • Rexeneración de firmes na estrada da antiga N-540 ao núcleo de A Pena e rexeneración de firmes na estrada da LU-232 ao Tanatorio - parroquia de Esperante: Isidro Blanco Trigo
  • Rexeneración de firmes na estrada do hospital de Calde a Carballido sur e A Travesa- parroquia de Esperante e rexeneración de firmes na estrada de Vilanova a Cabanas - Santalla de Bóveda, rexeneración de firmes na estrada de Ceza a Portanova, rexeneración de firmes na estrada de Vilalvite a Ventosiños de Arriba e rexeneracion de firmes na estrada da LU-546 a Santa Engracia (Santa Comba): Asogal

Ademais, a Xunta de Compras, na súa reunión deste venres aprobou a contratación dos traballos de dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde das seguintes obras:

  • Dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde das obras de pavimentación na rúa Fisterra, pavimentación do Camiño de Romai, pavimentación no Camiño de Friás, pavimentación na rúa do Peto, na rúa do Cuco e na rúa da Virxe dos Ollos Grandes, por importe de 11.666,25 euros.
  • Asistencia técnica de obra e coordinación de seguridade e saúde das obras de pavimentación nas rúas do Polígono Industrial de O Ceao, por importe de 16.383,50 euros.
  • Dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde das obras de abastecemento en Fontiñas, Fase 2, por importe de 11.970 euros.
  • Dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde das obras de abastecemento en Meilán, por importe de 8.000 euros.
  • Dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde das obras de abastecemento en Ronda de Fingoi, por importe de 9.562 euros.
  • Dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde das obras de pavimentación na rúa Mar Cantábrico, pavimentación na Rúa Margarida, pavimentación no tramo do colexio Albeiros-Ronda Norte, no tramo Ronda Norte-Duquesa de Lugo, nas rúas no Mercado de Frigsa e pavimentación na rúa Magnolia, por importe de 16.276,68 euros.
  • Dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde das obras de pavimentación e servizos en Lopo Lías, por importe de 3.993 euros.
  • Dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde das obras de pavimentación e servizos en Noriega Varela, por importe de 5.292 euros.
  • Dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde das obras de pavimentación na rúa Alcalde Carlos V Pimentel, na Ronda do Carme, na rúa Azúmara, na rúa Ramos Misioné, no entorno do Pazo Municipal, no acceso Palomar/Anxo Carro, na Glorieta Alfonso X-Filarmónica Lucense, na Glorieta Virxe da Esperanza-Rof Codina e pavimentación de Beirarrúa na rúa Rof Codina, por importe de 11.750 euros.
  • Dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde das obras de pavimentación na rúa Marina Española, pavimentación na rúa Ortega y Gasset, na Rúa Cornubia, na rúa Pintor Corredoira, na Rúa Nicomedes Pastor Díaz e pavimentación na rúa Monforte, por importe de 1.400 euros.

Por outra parte, a Xunta de Compras aprobou tamén hoxe o investimento de 35.581 euros para melloras no 3º andar co Centro de Convivencia Uxío Novoneira consistentes na sustitución de ventás e persianas. Tamén se acordou o investimento de 14.199 euros para adquisición de dúas plataformas de cortacéspede para labouras d emantemento dos espazos públicos e de 6.413 euros para traballos de mantemento na pasarela peonil do xardín da Volta da Viña que comunica co Parque Marcos Cela.

Outras actuacións aprobadas hoxe foron para instalacións deportivas, onde se autorizou o gasto de 10.709 euros para a reposición da rede de parabalóns no C.F. das Gándaras, a adquisición de lámpadas e equipos de proxectores do campo de tenis do Palomar cun importe de 2.218 euros e a compra dun aspirador para o módulo cuberto de atletismo por importe de 907 euros.

Asimesmo, acordouse o gasto de 4.911 euros na reforma de colectores e válvulas de solo radiante da Escola Infantil Serra de Outes.

Noticias relacionadas