O Concello adxudica o equipamento informático por 74.300 euros para o edificio de Novas Tecnoloxías e o Vello Cárcere

Adquiriranse 36 ordenadores, 3 impresoras, 2 televisores, 2 soportes para televisor e seis licenzas de programas e software informáticos para o edificio de Novas Tecnoloxías, e 4 ordenadores e 2 impresoras para o Vello Cárcere

Aprobado definitivamente o proxecto de expropiación de 5.424,58m2 de terreos situados nas marxes da Ronda do Carme, por valor de 4 millóns de euros

Mércores, 06 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello adxudica o equipamento informático por 74.300 euros para o edificio de Novas Tecnoloxías e o Vello Cárcere

A Xunta de Goberno deste mércores aprobou adxudicar o subministro e instalación do equipamento informático no edificios de Novas Tencoloxías, que se está a acondicionar na Praza Anxo Fernández Gómez, e no centro cultural do Vello Cárcere, por 74.300 euros a Nortconsulting Sistemas S.L.U. Así o avanzou o voceiro municipal Miguel Fernández, quen deu a coñecer que se van adquirir 36 ordenadores, 3 impresoras, dous televisores, dous soportes para televisor e seis licenzas de programas e software informáticos para o edificio de Novas Tecnoloxías por importe de 65.250 euros, e catro ordenadores e dúas impresoras para o Vello Cárcere, por uns 9.000 euros.

Expropiación terreos Rolda do Carme
Tal e como xa deron a coñecer no día de onte o voceiro municipal, Miguel Fernández, e o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, a sesión deste mércores da Xunta de Goberno aprobou definitivamente o proxecto de expropiación de máis dunha decena de terreos situados nas marxes da Ronda do Carme, afectados por unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O Concello expropiou 5.424,58m2 de superficie, cunha avaliación que ascende a preto de 4 millóns de euros. Tras esta aprobación definitiva, Daniel Piñeiro manterá unha reunión cos veciños para indicarlles a documentación que deben achegar e facer efectivo o pago canto antes, previsiblemente ao longo do verán, e saldar así unha débeda histórica cos veciños desta zona.

Lugo+Biodinámico
Na sesión deste mércores, aprobouse o proxecto Lugo+Biodinámico, o proxecto de 3,5 millons de euros financiado con fondos europeos Life que conseguiu o Concello de Lugo e grazas ao que se desenvolverá nos vindeiro catro anos novidosas iniciativas en favor dun urbanismo sostible e dun mellor aproveitamento da riqueza foresal a nivel económico e ambiental. Así mesmo, tamén se aprobou o gasto duns 49.000 euros en dita anualidade do 2016 para este proxecto que conta este ano cun orzamento total de 713.000 euros, que achegan, ademais do Concello, a Deputación de Lugo, a USC e a UPM.

Proxecto de abastecemento Granxa Ramil
Entre outros asuntos, a Xunta de Goberno aprobou inicialmente o proxecto de obras ordinarias de impulsión de residuais e acometida de abastecemento para Granxa Ramil en Lugo, cun orzamento de execución por contrata duns 74.800 euros. Este proxecto, que terá un prazo de execución de dous meses, exporase publicamente polo prazo dun mes mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

Nesta mesma sesión, autorizouse a instalación dun posto de bocadilos na Avenida Rodríguez Mourelo, ata o vindeiro 15 de setembro.

Audio

  • Miguel Fernández, voceiro municipal, sobre o equipamento informático | Descargar mp3
  • Miguel Fernández, voceiro municipal, sobre as expropiacións nas marxes da Ronda do Carme | Descargar mp3

Noticias relacionadas