O Concello adhírese á solicitude impulsada polo Orfeón Lucense para conceder a Medalla Castelao a Xesús Mato

Mércores, 09 de maio de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo adheriuse á solicitude impulsada polo Orfeón Lucense e a entidade local de Paradela para que a Xunta de Galicia lle conceda a Medalla Castelao deste ano a Xesús Mato Mato (Cabodevila-Paradela, 1932) pola súa longa traxectoria e compromiso en favor da dignificación de Galicia. Sacerdote, musicólogo, activista social e cultural e comunicador galego, foi o fundador e primeiro coordinador entre 1970 e 1977 de Auxilia-Lugo; cofundador do grupo  Fuxan os ventos en 1972 e de Galicia canta ó Neno; e fundador e primeiro director de 1958 a 1967 da Polifonía de Lalín.

Colabora con varias publicacións e é habitual de conferencias e faladoiros.

Foi nomeado Lucense do ano en 1991 e Premio Moncho Valcarce en 1998, ademais de recibir galardóns como o de Cultura Tradicional de María Castaña.

É autor dos libros Galicia canta ó Neno e Por un Lugo sen barreiras.

A día de hoxe, remitíronse máis de 1.700 adhesións á solicitude de conceder a Medalla Castelao a Xesús Mato Mato, das cales unhas 1.400 son individuais e 150 de entidades, asociacións, institucións ou empresas.

Noticias relacionadas