O Concello acometerá novas obras en Saamasas, República Argentina e Garabolos cos remanentes do Plan Único

As actuacións, cun orzamento de 230.000€, consisten na ampliación de redes de abastecemento e mellora da pavimentación

Mércores, 07 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, anunciou que o Concello poderá acometer novas actuacións de dotación e mellora de servizos e infraestruturas públicas con cargo ao Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2017 impulsado pola Deputación de Lugo cos remanentes que resultaron das baixas da adxudicación das obras inicialmente contratadas. Deste xeito, cunha partida de 230.000€, o Concello levará a cabo a ampliación da rede de abastecemento en Saamasas e obras de pavimentación na Ronda República Argentina e na avenida de Garabolos.

As obras iniciais do Plan Único, un total de 12 en espazos públicos da zona urbana e rural, están iniciadas, como as das rúas do Freixo e da Xesta, ou a punto de comezar, como as de Flor de Lis (no barrio de Abella), urbanización Bellavista (na parroquia de Esperante), rúas Filgueiro, Mestre Méndez, Da Silva, Mazaira, Das Pías e Casas Vellas (na zona da Abella), e Fonmiñá e Piñeiral (nas Gándaras). Trátase de obras demandadas pola veciñanza e de consenso político, moitas delas solicitadas por distintos grupos da Corporación. O importe conxunto de licitación ascendeu a 530.000 e o de adxudicación sumou 375.100€.

Noticias relacionadas