O Concello abrirá dous novos treitos do paseo interior da Muralla na Vía Romana e Clérigos

López Orozco e Lara Méndez presentan unha actuación na que se van investir máis de 274.000 euros financiados polo Plan Urban

Martes, 17 de marzo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
El Ayuntamiento abrirá dos nuevos trechos del paseo interior de la Muralla en la Vía Romana y ClérigosO Concello abrirá dous novos treitos do paseo interior da Muralla na Vía Romana e Clérigos

O Alcalde, José López Orozco, xunto coa Concelleira de Economía, Sonia Méndez, e a Vicepresidenta da Deputación, Lara Méndez, presentaron hoxe os proxectos de dous novos treitos do paseo interior da Muralla que se van executar con cargo ó Plan Urban.

O Alcalde explicou que con eles avanzase nun proxecto moi querido polo Goberno local como é a liberación dos espazos necesario para habilitar todos os treitos posibles do paseo interior da Muralla e que poidan disfrutar deles tanto os veciños e veciñas como as persoas que nos visitan.

López Orozco explicou que con estas dúas novas actuacións, nas zonas de Vía Romana e de Clérigos, xa son sete as intervencións feitas no paseo interior con cargo ó Plan Urban, cun investimento total de 878.314 euros.

O Alcalde destacou que esta importante iniciativa que contribúe a que poidamos disfrutar máis da Muralla romana é posible grazas á colaboración da Unión Europea, a través dos fondos FEDER, que cofinancia o 80% do Plan Urban; a Deputación provincial e o Concello de Lugo, que achegan o resto da financiación deste proxecto co que está a dar tantos froitos na nosa cidade.

O Alcalde lembrou que outras actuacións para o acondicionamento do paseo interior financiados polo Plan Urban foron as realizadas nos xardins da Deputación, a praza do Cantiño, a instalación de xogos infantís, ou as intervencións en fiestras arqueolóxicas e na porta Miñá.

Pola súa parte, Lara Méndez felicitou ó Concello de Lugo porque non só soubo captar fondos europeos para investir na cidade senón tamén polo rendemento que lle está a sacar a estes investimentos que fan de Lugo unha cidade cada día máis humanizada, ademais de aportarlle dinamismo económico e social.

Un dos novos treitos que se van acondicionar é o de vía Romana, onde se vai actuar nunha superficie de 574 metros cadrados e terá unha lonxitude de 80 metros lineais. O seu presuposto é de 156.400 euros.

Neste treito, como é unha zona na que hai portais e negocios, mantivéronse xuntanzas cos veciños para coordinar o deseño e as necesidades dos usos, tendo en conta por exemplo a posible instalación de terrazas de hostalería ou as entradas e saídas de vehículos ós garaxes.

A segunda das intervencións producirase na zona de Clérigos, un treito que se corresponde con tres parcelas cuns 40 metros de lonxitude que xa está calificado como vial no PEPRI e que será peonil. Suporá o acondicionamento dunha superficie de 430 metros cadrados e permitirá abrir 37 metros lineais de paseo interior. Neste caso o orzamento será de 117.992 euros.

Nos dous casos, o prazo de execución dos traballos será de 2 meses, faranse os traballos arqueolóxicos correspondentes para todos os movementos de terras e a actuación farase dacordo cun proxecto do arquitecto Oscar López Alba.

O arquitecto considerou que Lugo viviu moito tempo de espaldas á Muralla, situación que se pretende rachar coa creación do paseo interior. Tamén dixo que coa apertura de novos treitos do paseo ábrese a posibilidade de que se instalen novos locais que dea fachada á Muralla, algo que se tivo en conta na elaboración dos proxectos.

Asimentos, López Alba salientou que os materiales que se empregarán nestas intervencións foron elexidos tendo en conta que nunca deben competir co lenzo da Muralla. Así, explicou que os dous proxectos pretenden facer unha aproximación sensible á Muralla, resolvendo os problemas técnicos que se plantexan de xeito duradeiro.

Multimedia

Noticias relacionadas