O Concello abrirá as 4 escolas infantís municipais por primeira vez no vindeiro mes de agosto, para garantizar a conciliación ao longo de todo o ano

“Este Goberno é o goberno das persoas, por iso, a nosa máxima cos servizos públicos non é ocasionar contratempos aos veciños, senón garantizarlles unha prestación de calidade, sen deixar de atender as súas demandas”, subliñou Méndez

Sábado, 10 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Facilitar a conciliación da vida familiar e laboral ao longo de todo o ano. Con este fin, o Goberno Municipal, abrirá, por primeira vez, as catro escolas infantís creadas e mantidas polo Concello de Lugo, Serra de Outes, Gregorio Sanz, Luis Soto Menor e María Wonenburguer, o vindeiro mes de agosto, o que supón dar servizo a un total de 238 nenos e nenas de entre 0 e 3 anos. Ademais manterase o servizo de suministro de alimentación que veñen ofrecendo durante o resto do ano.

Coincidindo co inicio do curso escolar, o Goberno Municipal anuncia nova medida, encamiñada a garantizar unha conciliación real e efectiva entre a vida familiar e a laboral e abrir novas perspectivas aos pais e nais do municipio. Deste xeito, a entidade local ofrece unha alternativa máis, que se suma ás Aulas Abertas nos centros de conviencia da cidade e nos centros de dinamización do rural e ás ociotecas.

“Este Goberno Municipal é o goberno das persoas, por iso, a nosa máxima cos servizos públicos non é ocasionar contratempos aos veciños, senón garantizarlles unha prestación de calidade, sen deixar de atender as súas demandas”, subliñou a rexedora, quen asegurou que o número de solicitudes que recibe cada ano o Concello para as prazas das garderías, 420 para 142 prazas libres de novo ingreso este ano, indica a gran aceptación das catro escolas infantís municipais, e a necesidade de que o Goberno Autonómico cree novas garderías en Lugo, tal e como lle manifestara en primeira persoa a Alcadesa ao propio presidente da Xunta, dada a necesidade de escolar aos cativos dende idades temperás.

Cociña, comedor e lavandería en Serra de Outes e Gregorio Sanz

Dado que no curso escolar 2016/2017 as escolas funiconarán os 12 meses do ano, o Concello modifica as cantidades de licitación dos servizos de cociña, comedor e lavandería na escolas de Serra de Outes e Gregorio Sanz. Por ese motivo estímase en 13.636€ o gasto en cada unha das escolas, na subministración dos alimentos para a elaboración do almorzo, santar e merenda do servizo de comedor. As empresas que se presenten non terán a posibiliade de minorar dita cantidade.

Noticias relacionadas