O Concello abre vías de colaboración coa asociación Magrebí Española para a Integración e a Solidariedade

A Alcaldesa e a Concelleira de Benestar Social mantiveron unha reunión co presidente do colectivo, Driss Kharroubi

Xoves, 10 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, continúa coa rolda de xuntanzas con colectivos sociais da cidade para coñecer de primeira man as súas demandas e necesidades, e establecer unha canle de comunicación directa co fin de artellar mecanismos de colaboración co Concello, favorecendo deste xeito a máxima participación cidadá que busca o Goberno local. Este xoves, a rexedora, xunto á Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, reuniuse na casa consistorial co presidente da Asociación Magrebí Española para a Integración e a Solidariedade, Driss Kharroubi, con este obxectivo: abrir vías de colaboración para contribuír á integración sociolaboral da comunidade inmigrante en xeral, e do colectivo magrebí en particular, recoñecendo ademais a súa importancia para frear a caída demográfica.

Multimedia

Noticias relacionadas