O Concello abre o procedemento de contratación do servizo de comidas do centro de día Antonio Gandoy

A duración de dito contrato será de dous anos, e o orzamento máximo pra a primeira anualidade ascende a uns 67.000 euros. O número estimado de menús mensuais é de 1.161 almorzos, 1.173 xantares e 1.161 merendas

Mércores, 13 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno deste mércores aprobou a apertura do procedemento de contratación do servizo de comidas ás persoas usuarias do centro de día Antonio Gandoy, que conta con 50 prazas. A duración de dito contrato será de dous anos, podendo ser prorrogado por períodos máximos anuais ata un máximo total de catro anos, e o orzamento máximo pra a primeira anualidade ascende a uns 67.000 euros.

O número estimado de menús menusais é de 1.161 almorzos, 1.173 xantares e 1.161 merendas. Dito servizo prestarase todos os días da semana, de luns a domingo, excepto festivos.

O prazo de presentación de proposicións, que deberá facerse no Rexistro Xeral do Concello, será de 15 días naturais contados dende a publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincial (BOP). Tamén se publicará no perfil do contratante da web do Concello, www.lugo.gal.

En materia de benestar, na sesión deste mércores aprobouse definitivamente o expediente de modificación prevista do contrato do servizo de axuda no fogar, entre o Concello e Valoriza Servicios a la Dependencia, S.A., incrementándose o número de horas de atención en 8.854 horas máis, cun prezo anual de 2.3 millóns de euros.

Entre outros asuntos, tamén se acordou adxudicar a Enfermería de Xestión Sociosanitaria, S.L., a execucuón do contrato de 20 prazas en centro de día para atención de persoas maiores, en réxime de atención diúrna, por un importe, a primeira anualidade, de 599,04 euros anuais por praza. 

Noticias relacionadas