O Concello abre mañá o prazo de solicitude para optar a 12 prazas de funcionario e persoal laboral

Mércores, 13 de xuño de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Persoal, Daniel Piñeiro, informou de que o Boletín Oficial do Estado (BOE) publica hoxe a convocatoria de 12 prazas de funcionario e persoal laboral no Concello, polo que mañá xoves abrirase un prazo de 20 días naturais para a presentación de solicitudes. Estas prazas correspóndense con diversas Ofertas Públicas de Emprego (OPEs) dos últimos anos. Son as seguintes:

Persoal funcionario

- Unha praza de Axente de Emprego e Desenvolvemento Local; Grupo A (Subgrupo A1); pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica, clase Superior; mediante o sistema de oposición, en quenda de promoción libre (en execución de sentencia).

- Unha praza de Técnica/o Media/o de Xestión Área Económica; Grupo A (Subgrupo A2); pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Xestión, clase Técnica/o Media/o (rama económica); mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de consolidación de emprego temporal (en execución de sentencia).

- Unha praza de Técnica/o Media/o de Xestión; Grupo A (Subgrupo A2); pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Xestión, clase Técnica/o Media/o; mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.

- Dúas prazas de Educador/a Social; Grupo A (Subgrupo A2); pertencentes á escala de Administración Especial, subescala Técnica, clase Técnica/o Media/o; mediante o sistema de oposición, en quenda libre (en execución de sentencia).

- Unha praza de Delineante; Grupo C (Subgrupo C1); pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica, clase Auxiliar; mediante o sistema de oposición, en quenda libre.

- Una praza de Oficial Lector/a de Contadores; Grupo C (Subgrupo C2); pertencente á escala de Administración Especial, subescala Servicios Especiais, clase Persoal de Oficios; mediante o sistema de oposición, en quenda libre, reservada a discapacitados/as.

- Una praza de Oficial Sepultureiro/a; Grupo C (Subgrupo C2); pertencente á escala de Administración Especial, subescala Persoal de Oficios; mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.

- Una praza de Celador/a de colexio público; pertencente á escala de Administración Especial, Grupo de titulación: Agrupacións Profesionais; mediante o sistema de oposición, en quenda libre, reservada a discapacitados/as.

Persoal laboral

- Unha praza de Oficial Albanel (persoal laboral); nivel de titulación: Graduado Escolar, graduado en ESO ou equivalente; mediante o sistema de oposición, en quenda libre.

- Una praza de Peón (especialista), nivel de titulación: Certificado de Escolaridade; mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de consolidación de emprego temporal.

- Una praza de Auxiliar do Fogar, nivel de titulación: Certificado de Escolaridade; mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de consolidación de emprego temporal.

Unha vez concluído o prazo de presentación de solicitudes, o Concello elaborará unha lista provisional de admitidos, abrirá un período de reclamacións para seguidamente publicar unha lista definitiva, constituír o tribunal e convocar os exames.

Con esta convocatoria de emprego, o Goberno avanza no preciso reforzo da plantilla de persoal municipal para unha mellor e máis eficiente prestación de servizos públicos á cidadanía.

Noticias relacionadas