O Concellería de Benestar Social organiza unha nova actividade do programa Preto de Tí

Venres, 21 de maio de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O programa Preto de Ti que organiza a Concellería de Benestar Social continuará mañá cunha nova actividade titulada “Positividade coa Música”. O acto terá lugar a partir das 18.00 horas na Casa da Música.

Trátase dunha actividade que programa a Casa da Muller e na que se empregan dinámicas ambientadas con música co obxectivo de favorecer un espazo de desinhibición e descarga de estrés e diríxese a mulleres.

 PDF programa completo

Noticias relacionadas