O Concelleiro de Protección da Comunidade recibiu na Casa do Concello a cinco integrantes estranxeiros do Rotary Club

Martes, 01 de xuño de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, recibiu no Salón de Plenos da Casa do Concello a un grupo de cinco integrantes de Rotary Club que están a visitar Lugo.

A visita englóbase dentro do programa de intercambio internacional denominado I.G.E. Trátase de integrantes de distintas profesións (profesora de música, policía montada, promotora da universidade, azafata, ..).

O Rotary Club de Lugo está a amosarlles a cidade de Lugo en compañía dunha guía do Concello de Lugo.

O Concelleiro entregoulles un agasallo como recordo da súa visita a Lugo.

Multimedia

Noticias relacionadas