O Concelleiro de Medio Ambiente recibiu no Concello aos rapaces de Chernobyl que pasarán os meses de verán na cidade

Venres, 27 de xuño de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, recibiu hoxe na Casa do Concello a un grupo de rapaces e rapazas de Chernobyl que pasarán os meses de verán na cidade.

Os rapaces foron acollidos por familias lucenses grazas a asociación Ledicia Cativa, que leva xa varios anos traballando para que os cativos menos favorecidos poidan pasar o verán na cidade lonxe das situacións que viven nos seus países de orixe.

O Concelleiro felicitou á asociación pola labor que está a realizar, unha inicativa que dende hai anos conta co apoio do Concello de Lugo. González Dopeso afirmou que “é un exemplo  de cómo debemo axudarnos uns a outros”.

O Concelleiro fixo referencia ao desastre nuclear que sufriu a cidade, pero dixo que non quería falar de desgracias senón de futuro, dun futuro dos que estes rapaces son un bo exemplo.

Como recordo do seu paso polo Concello os rapaces recibiron de mans do Concelleiro unha bolsa con lápices, unha carpeta, camisetas, gorros, caramelos…

Noticias relacionadas