O Concelleiro de Medio Ambiente propón a colaboracións cos veciños afectados pola avaría na ronda de Fingoi

Martes, 02 de agosto de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González, comparecedu hoxe diante dos medios de comunicación para explicar a situación de controversia que xurdiu por mor da avaría de auga que afecta á rúa Armónica e Fingoi.

Lino explicou que “a cometida que vai ós tres bloques parte da rúa Armónica, atravesa sobre terreo privado ata a chave de rexistro, e a partir da chave de rexistro segue pola parcela dos tres bloques ata as diferentes entradas a ditos bloques”. Sinalou que “ a avaría está despois da chave de rexistro e dentro da parcela que corresponde a estes bloques polo tanto está en terreo privado”.

O Concelleiro manifestou que “ o Concello ten por norma, e pono nas súas ordenanzas, arreglar as avarías en vía pública ata a chave de corte e a partir da chave de corte a responsabilidade é dos usuarios. Polo que non é a nosa responsabilidade.” O responsable da área de Medio Ambiente tamén incidiu en que “o Concello está a disposición dos veciños e colaboraremos no que pidan como pode ser a elaboración dos custo estimado do arreglo da obra pero o que non pode facer o Concello é facer competencia desleal ás empresas que se dedican a estes menesteres”.

Lino González declarou que “cando comezaron as obras na rúa Fingoi foi o momento no que os operarios se deron conta de que había unha perda de auga de maneira constante e búscase a procedencia, e esa auga procedía desa avaría.” Polo tanto non foron as obras a causa da avaría, senón que foron as que a detectaron segundo aclarou Lino.

Multimedia

Noticias relacionadas