O Concelleiro de Infraestruturas visita Galegos xunto con técnicos municipais

Alexandre Penas agradeceu a colaboración veciñal “para saber de primeira man as necesidades da zona”

A Concellería de Infraestruturas traballa para garantir e mellorar a calidade de vida e o benestar da veciñanza

Xoves, 10 de outubro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, acompañado de técnicos municipais do servizo, visitaron no día de hoxe Galegos para reunirse coa veciñanza e comezar a traballar nas diversas actuacións que o Concello realizará na zona. Segundo o Concelleiro de Infraestruturas, “con esta visita puidemos saber de primeira man, grazas á colaboración veciñal, das necesidades da zona”.

Alexandre Penas indicou que a rúa do Ripanzo, unha das rúas principais do barrio, “que debido ao seu estado, desde a Concellería de Infraestruturas marcámonos como obxectivo a realizar coa maior rapidez posíbel o amaño desta rúa”.

Con estas intervención, a Concellería de Infraestruturas Urbanas traballará para garantir as boas condicións de distintos servizos públicos e mellorar a calidade de vida e o benestar da veciñanza da contorna e da cidadanía. Para a área de Infraestruturas, os barrios periféricos teñen que ter as atencións necesarias. Alexandre Penas indicou que “podemos facer moitas actuacións sen grandes gastos que melloren a calidade de vida das persoas”.

Audio

  • O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre "Galegos" | Descargar mp3

Noticias relacionadas