O concelleiro de Deportes anuncia a próxima entrada en vigor do novo contrato para as actividades deportivas nas instalacións municipais

A concesión se outorgará esta semana en Xunta de Goberno e entre as melloras previstas se inclúe a ampliación dos horarios nas piscinas de Frigsa e as Pedreiras

Luns, 14 de outubro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Comeza a conta atrás para a entrada en vigor do novo contrato de prestación de ensinanza deportiva e de servizos complementarios nas instalacións deportivas municipais.

A concellería de Deportes levará a proposta de adxudicación desta licitación á Xunta de Goberno do próximo mércores co ánimo de que, moi pronto, poidan poñerse en marcha todas as melloras proxectadas no prego de condicións.

“Entre elas – explica o edil Miguel Fernández – atópase a ampliación do horario das piscinas cubertas de Frigsa que agora abrirán as súas portas ás 7 da mañá, unha hora antes que neste momento, para que os usuarios poidan facer uso delas, se o desexan, antes de ir a traballar. E no caso das Pedreiras, as instalacións non pecharán ao mediodía en días laborais e poderán empregarse tamén os domingos pola mañá”.

O responsable de Deportes indica que as bases de contratación foron realizadas tendo en conta as necesidades da cidadanía co obxecto de poder ofrecer un servizo máis eficaz.

“Non só falamos de aumentar o horario senón tamén doutras cuestións igualmente relevantes como a limpeza da totalidade das dependencias incluído pavimento, portas, fiestras e cristais, mobiliario, zonas e beirarrúas exteriores ou o correcto mantemento das instalacións e das zonas verdes, a mellora da atención ao público, o seguimento das queixas e suxestións realizadas así como o incremento dos medios dispoñibles para dar unha resposta áxil as posibles incidencias que poidan producirse”, indicou Miguel Fernández.

O contrato, adxudicado á empresa Clece, que terá un custo anual de 1,171,222’34 euros, poderá ser prorrogado polo mesmo período durante catro exercicios máis.

Audio

  • O concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, sobre as actividades deportivas | Descargar mp3

Noticias relacionadas