O comercio saca as súas mercadorías á rúa na cuarta edición do Street Market

Venres, 14 de marzo de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

 A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañou esta mañá á Presidenta da Asociación de Autónomas, Nora Real,  e ó Presidente da Federación Galega de Comercio, Jose Maria Seijas, nunha visita que efectuaron ós comercios participantes na cuarta edición do mercadiño Street Market, comercio na rúa que se celebra durante toda a xornada de hoxe.

Carmen Basade destacou que o Concello de Lugo apoia un ano máis esta iniciativa do para axudar a impulsar o comercio local e animou ós cidadáns a achegarse ós establecementos participantes no mercadiño xa que é unha boa ocasión para mercar a bó prezo nos establecementos da cidade.
Nesta edición do Street Market participan máis de 80 establecementos de distintos sectores que ofrecen ós seus clientes importantes descontos. Deste xeito as persoas que se acheguen terán oportunidade de adquirir téxtil, complementos, zapatos, lencería, ou xoias. Os establecementos, a maioría no centro histórico da cidade, estarán abertos ata as 20.30 horas.

Multimedia

Noticias relacionadas