O Club de loita Lugo acada excelentes resultados no Campionato Galego de Loitas Olímpicas

Martes, 02 de marzo de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Club de Loita Lugo acadou uns excelentes resultados no Campionato Galego de Loitas Olímpicas, celebrado en Vigo.

Os deportistas lucenses acadaron os seguintes resultados:

-1º posto na categoría de menos de 60 quilos sénior: Clemente Alves Bello.
-2º posto na categoría de menos de 76 quilos cadete: Óscar Moreno Fernández.
-2º posto na categoría de menos de 84 quilos cadete: Francisco Otero Fernández.

Por outra banda, o Club de Loita Lugo aportou un deportista á Selección Galega Sénior de loitas olímpicas, que acadou o primeiro posto por seleccións no Campionato de España Sénior de Loita Libre Olímpica. Un éxito do deporte lucense, xa que Clemente Alves bello, participou na categoría de menos de 60 quilos, acadando o posto 12º do citado campionato.

Multimedia

Noticias relacionadas