O ciclo de masterclass online de Xuventude remata mañá ofrecendo distintas receitas doces

Será dende as 20:00 horas, a través do Facebook de Xuventude de Lugo e tamén na conta de Instagram @Xuventude_lugo

Martes, 06 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O ciclo de masterclass online de Xuventude remata mañá ofrecendo distintas receitas doces

O ciclo ce masterclass online que puxo en marcha a área de Xuventude no verán chega ao seu fin mañá, cunha sesión onde se ofrecerán distintas receitas doces saudables. Esta é a última conferencia telemática dun total de 8 nas que a dietista-nutricionista Ángeles Novo afondou  no etiquetado nutricional, en trucos para non caer en antollos, mitos nutricionais, como mellorar o sistema inmue coa alimentación así como almorzos, ceas e picoteos saudables.

Ao igual que as últimas masterclass, a de mañá poderá seguirse dende as 20:00 horas a través do Facebook de Xuventude de Lugo, así como na conta de Instagram @Xuventude_lugo.

Con esta programación, o Concello educou nutricionalmente á mocidade, axudándolles a crear unha contorna saudable, posto que cada vez máis, os rapaces e rapazas se desligan da dieta mediterránea e diminúen a inxesta de alimentos locais ou de tempada en detracción a produtos ultraprocesados e a comida precociñada.

Noticias relacionadas