O ciclo de conferencias Desenterrar o Pasado volve encher o auditorio do Vello Cárcere

Ana Prieto foi testemuña do grande interese que esperta na cidadanía lucense o patrimonio cultural con esta segunda charla, impartida por Antonio Rodríguez Colmenero

Xoves, 22 de febreiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O ciclo de conferencias Desenterrar o Pasado volve encher o auditorio do Vello Cárcere

O cicloDesenterrar o Pasado, organizado polo polo Concello de Lugo para conmemorar o Ano Europeo do Patrimonio, volveu a encher este xoves o auditorio do Vello Cárcere. A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, foi testemuña do grande interese que esperta na cidadanía lucense o patrimonio cultural con esta segunda charla do ciclo, impartida por Antonio Rodrígeuz Colmenero. Baixo o títuloO inicio das escavacións arqueolóxicas. Os aparcadoiros soterados, Colmenero realizou un percorrido pola arqueoloxía de Lugo.

A seguinte charla deste ciclo celebrarase o 15 de marzo no mesmo emprazamento, impartida por Covadonga Carreño, antiga xefa do servicio de arqueoloxía do Concello.

Noticias relacionadas