O ciclo Achegando a ciencia ao Vello Cárcere mantén o tirón e enche este centro cultural por cuarta conferencia consecutiva

Carmen Basadre participou nesta actividade lúdico-científica, a cargo de Cibrán Santamarina. O programa rematará o vindeiro 10 de maio

Xoves, 05 de abril de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O ciclo Achegando a ciencia ao Vello Cárcere mantén o tirón e enche este centro cultural por cuarta conferencia consecutiva

O ciclo Achegando a ciencia ao Vello Cárcere, posto en marcha polo Concello e o colectivo Caladiños, mantén o tirón e enche este centro cultural por cuarta conferencia consutiva. Desta volta, o encargado de ofrecer a charla, que se puido seguir tanto dende o patio como o auditorio, foi o investigador e profesor do Departamento de Física de Partículas da USC, Cibrán Santamarina, que falou sobre o mundo cuántico.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, participou nesta nova actividade de caracter lúdico-científica, que busca achegar as principais teorías científicas á cidadanía dun xeito sinxelo e amable.

O programa inclúe unha derradeira conferencia o vindeiro 10 de maio, da man de Xurxo Mariña, que versará sobre a neurociencia, onde indangará o cerebro, a súa estrutura e as súas funcións, baixo o título Unha viaxe á máquina da mente. Previsiblemente, no mes de xuño terá lugar unha mesa redona na que se debaterá sobre a conciencia, un dos temas máis difíciles de abordar dende a perspectiva científica.

Todos os poñentes deste ciclo son recoñecidos internacionalmente e teñen habilidades relacionadas coa divulgación científica, asegurando deste xeito que a charla sexa amena e totalmente accesible a calquera cidadá que non teña nin o máis mínimo coñecemento científico.

Noticias relacionadas