O Centro Social Leiras Pulpeiro aclimata as súas instalacións para incrementar a confortabilidade do inmoble

Nas últimas semanas foron instaladas láminas anticalóricas nos ventanais do edificio en prol da comodidade das persoas usuarias e para acadar unha maior eficiencia enerxética.

Martes, 06 de xullo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Centro Social Leiras Pulpeiro aclimata as súas instalacións para incrementar a confortabilidade do inmoble

A área de Benestar Social, que dirixe Olga López Racamonde, vén de mellorar o Local Social Leiras Pulpeiro, situado no barrio de Casás, para incrementar a confortabilidade das instalacións.

A actuación tiña por obxecto aclimatar axeitadamente as diferentes estancias das que se compón o inmoble e contribuír, así, a acadar unha maior eficiencia enerxética no mesmo.

Os traballos consistiron na colocación de láminas anticalóricas que xa foron instaladas nos ventanais da planta baixa e alta do edificio. “Rotulándoas polo exterior, acadamos un efecto espello, limitando a entrada directa da radiación solar, favorecendo a claridade e permitindo realizar en condicións óptimas a actividade prevista no interior. Evítanse así reflexos molestos e, pola contra, aumentamos as condicións de comodidade, no que a temperatura se refire”, indicou a concelleira responsable, Olga López Racamonde, que tamén apuntou que estas tarefas tiveron un custo de 2.070 euros.

Esta intervención súmase á xa realizada no mesmo sentido no Centro Maruja Mallo, onde a área de Benestar investiu a principios de ano máis de 21.000 euros.

Audio

  • A edil de Benestar Social, Olga López Racamonde, sobre as melloras do "Local Social Leiras Pulpeiro" | Descargar mp3

Multimedia

  • O Centro Social Leiras Pulpeiro aclimata as súas instalacións para incrementar a confortabilidade do inmoble

Noticias relacionadas