O Centro de Investigación da madeira de Galicia asesora aos hostaleiros sobre o uso da madeira no mobiliario das terrazas

Martes, 12 de abril de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, participaron esta mañá nunha xornada informativa, impartida polo Centro de Investigación da Madeira, e dirixida aos hostaleiros do casco histórico e ao alumnado da Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón.

Dentro do programa de asesoramento que leva a cabo o Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da madeira de Galicia, encargado do Plan Urban, visitáronse doce locais de hostalería da cidade que instalaron ou van a instalar mobiliario de madeira. Esta mañá, no Hotel Méndez Núñez, presentáronse os resultados ante os hostaleiros do casco histórico e alumnado da Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, salientou que o Plan Urban serviu para a recuperación do vello cárcere, a Praza de San Marcos e tamén para que os comercios, os bares e os restaurantes estean en mellores condicións, e sobre todo, que se utilice a madeira nas súas distintas modalidades. O Alcalde tamén destacou que “esta xornada desenvólvese dentro do acordo co sector que defende a madeira en Galicia, e que pretende explicarlles aos restauradores a importancia da madeira, un material excepcional para as terrazas”.

Nesta xornada de asesoramento tamén desenvolveuse un taller sobre a aplicación de tratamentos para o mantemento do mobiliario de terrazas. López Orozco explicou que a madeira é un ser vivo, e hai que facerlle algunha axuda polo menos unha vez ao ano para que dure por lo menos dúas décadas. O Alcade tamén sinalou que “dende o Concello animamos aos restauradores a utilizar madeira e modernizarse, sen sinalar ningunha marca en concreto, tan só que usen madeira, e se é da nosa terra mellor”.

O Plan Urban, que está a desenvolver o Concello de Lugo, conta co 70% de cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. As axudas do Plan Urban rematarán no ano 2013.

Mais información: www.lugo.es/urban

Multimedia

Noticias relacionadas