O Centro de Información da Muralla e os museos municipais estrean novos horarios dende mañá 1 de abril

Luns, 31 de marzo de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou os novos horarios que rexerán os museos municipais entre o 1 de abril e o 31 de xullo de 2014 e cos que se pretende mellorar as opcións que teñen os visitantes e os propios cidadáns lucenses para coñecer e desfrutar da oferta museística e arqueolóxica da cidade.

Así, dende mañá martes 1 de abril, o Centro de Información da Muralla (Oficina Municipal de Turismo) contará con novos horarios así nos meses de abril e maio será os luns, martes e mércores de 11 a 14 e de 16 a 18 horas, e de xoves a sábado cun horario continuado de 11 a 18 horas. Os domingos abrirá de 11 a 14 horas, agás o día 18 de maio que se celebra o día dos museos e que a súa apertura será de 11 a 18 horas ininterrumpidamente.

Nos meses de xuño e xullo o horario será de luns a mércores de 11 a 13.30 e de 17 a 19.30 horas, de xoves a sábado será de 11 a 19.30 horas ininterrumpidamente e os domingos de 11 a 18 horas.

Para ofrecer un mellor servizo aos visitantes e aos propios lucenses durante a Semana Santa, os museos terán un horario especial do 14 ao 20 de abril, o Centro de Interpretación da Muralla abrirá luns, martes e mércores de 11 a 13.30 e de 17 a 19:30 horas e de xoves a sábado de 11 a 19:30 horas e o domingo de 11 a 18 horas.

A Casa dos Mosaicos tamén terá novos horarios que permitirán aos visitantes e veciños poder visitar este xacemento arqueolóxico de xoves a sábado de 11.30 a 13.30 e de 17 a 19 horas e os domingos de 11.30 a 13.30 ata o 15 de xuño. A partir desta data o horario ampliarase resultando de martes a sábado de 11 a 13.30 horas e de 16 a 19:30 horas, e os domingos de 11 a 14 horas. En Semana Santa tamén terá un horario especial de martes a sábado de 11 a 13:30 e de 16 a 19:30 horas e o domingo de 11 a 14.

No Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) tamén hai novidades xa que se amplian as horas de apertura e desta maneira os domingos poderase visitar en horario de mañá e de tarde. Así, o MIHL, abrirá as súas portas de martes a sábado de 16.30 a 20 horas e os domingos de 11 a 14 e de 17 a 20 horas. A partir de 1 de xuño este horario amplíase e a apertura será de martes a sábado de 11 a 13.30 e de 17 a 19.30 horas e os domingos de 11 a 14 e de 17 a 20 horas. Como nos anteriores espazos, o MIHL, tamén terá un horario especial durante a Semana Santa que será de martes a sábado de 11 a 13.30 e de 17 a 19.30 horas e o domingo de 11 a 14 e de 17 a 20 horas.

Na Domus do Mitreo tamén se manteñen os horarios de visita que serán de xoves a sábado de 11.30 a 13.30 e de 17 a 19 horas. Os domingos o horario é de 11.30 a 13.30 horas.

San Roque e Porta Miñá

Dúas das novidades principais son a próxima apertura do Centro Arqueolóxico de San Roque e a Sala de Exposicións Porta Miñá, que están sendo renovados para ofrecer unha mellor información aos visitantes e cidadáns de Lugo. Así, dende mediados de abril, poderanse visitar ambas instalacións de xoves a sábado de 11.30 a 13.30 e de 17 a 19 horas. Os domingos ata o 31 de xullo poderán visitarse entre as 11.30 e as 13.30 horas.

Noticias relacionadas