O Centro de Empresas e Innovación acolle unha charla sobre a financiación das PEMES

Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Centro de Empresas e Innovación acolle este xoves, día 8 de novembro, a conferencia "Financiar a Innovación e Innovar o Financiamento" (Como financiar as PEMES en España e en Galicia).

Terá lugar ás 20:00 horas e contará coa presenza de Daniel Yebra López (Director de Asesores Patrimoniales S.L.), David Calvo Mallón (Analista de Inversiones. UNIVEST S.G.E.C.R., S.A.) e o empresario Jorge Fernández Amoedo (Presidente Executivo de Kiosco24 Marín, S.A.).

Durante preto de hora e media estes profesionais poñerán á disposición das PEMES os seus coñecementos e experiencias de como conseguir o máis axeitado financiamento para alcanzar os obxectivos da empresa. Noutras palabras, a que lugares acudir e a quen pedir asesoramento para o financiamento do proxecto empresarial, e para a consolidación da súa empresa.

Os temas que se tratarán son:

• Claves e solucións para conseguir cartos para as empresas: dirixido a empresarios, profesionais e asesorías.

• Como financiar os proxectos emprendedores e innovadores: Fondos Públicos; Productos Financeiros bancarios e os non bancarios: para emprendedores.

• Rendibilidade económica e rendibilidade financeira; a importancia de endeudarse; análise dos estados contables, ratios e interpretación dos ratios; negociación coas entidades financeiras; productos financeiros bancarios e os non bancarios: destinado a empresarios e profesionales.

Noticias relacionadas