O Centro de Empresas e Innovación acolle á primeira empresa galega en recibir a acreditación de OCA

Luns, 07 de xaneiro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A empresa lucense Control Industrial, Métodos y Ensayos S.L., CIMESA, que ten a súa sede no CEI e foi un dos proxectos empresariais desenvoltos ao amparo das políticas de apoio e promoción dos novos emprendedores da cidade, convertiuse o pasado mes de decembro na primeira empresa de Galicia en recibir a acreditación de Empresa Colaboradora da Administración nas especialidades de Alta Tensión e Baixa Tensión.

Recibiu esta distinción de OCA (Organismo de Control Acreditado) tras un proceso moi laborioso e exixente, que comezou cos trámites de acreditación ante ENAC (Empresa Nacional de Acreditación), con sede en Madrid.

O Proceso de Acreditación seguiu os siguintes pasos:

– Relación detallada de todas as probas e ensaios necesarios para poder realizar a revisión e comprobación do correcto funcionamento dunha instalación de alta tensión: controis eléctricos, subestacións de transformación, transformadores, redes eléctricas, etc., e todo elo axustado ao regulamento vixente.

– Relación detallada de todas as probas e ensaios necesarios para poder realizar a revisión e comprobación do correcto funcionamento dunha instalación de baixa tensión: posta en funcionamento e verificación de industrias, locais de pública concurrencia, hospitais, alumeados exteriores...

– Expediente relativo ao cumprimento das Normas de Calidad: Norma UNE, Normas ISO, etc., e pautas de comportamiento.

– Xustificación da capacidade e independencia dos inspectores e persoal necesario para realizar estes traballos, que no caso de CIMESA corresponde a un Director Técnico, catro enxeñeiros e dous administrativos, inicialmente.

– Relación dos equipos de medida necesarios, así como, certificacións de estar debidamente calibrados por organismos acreditados por ENAC.

– Superación dos diferentes controis exixidos pola Administración.

Todo este longo proceso, que levou dous anos de traballo, tivo por finalidade conseguir acreditarse ante ENAC, e recibir o distintivo de OCA, o que certifica a capacidade desta empresa
para poder realizar con autoridade todo tipo de inspección, control, proba ou revisión dunha instalación de alta tensión ou de baixa tensión.

Esta empresa, que poderá traballar en todo o territorio español, está situada no Centro de Empresas e Innovación CEI na Avenida de Coruña nº 490, Baixo, Taller 3.

Noticias relacionadas