O Centro de Convivencia de Fingoi lembra a Manuel María cun recital de poemas

Ana González Abelleira asistiu esta mañá á lectura pública de poemas, no que participaron unha quincena persoas

Mércores, 11 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Centro de Convivencia de Fingoi lembra a Manuel María cun recital de poemas

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, asistiu este mércores no Centro de Convivencia de Fingoi, ao recital de poemas de Manuel María, autor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Nesta activiDade, organizada polo Club de Lectura deste centro, participaron unha quincena de persoas, empregando todo o seu entusiasmo á hora de poñerlle voz aos versos de Manuel María.

O Club de Lectura puxo en marcha esta iniciativa hai uns anos para achegar as letras galegas á sociedade a través de actividades que fomenten a participación veciñal, e impulsar ao mesmo tempo o labor do Club de Lectura, un espazo de encontro cultural.

O acto arrincou cunha introdución a cargo dunha representante deste club, Mariana González Ropero, quen deu paso á lectura de poemas, que pechou a edil, antes de proceder a unha análise dos poemas da figura literaria do homenaxeado.

Noticias relacionadas