O Centro de Convivencia de Fingoi expón os traballos realizados polos alumnos dos talleres de animación sociocultural

Os días 25 e 29 de maio tambén haberá actividades teatrais, break-dance e exhibición de cachibol

Mércores, 20 de maio de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, informou que xa se poden visitar as exposicións de fin de curso dos traballos elaborados nos talleres de Animación Sociocultural  do Centro de Convivencia de Fingoi.

A exposición celebrarase ata o 25 de maio e nela poderanse ver os traballos realizados nos obradoiros de coiro, cestería, labores, pintura ao óleo, macramé e tear tradicional e de alto lizo e manualidades, que poderán visitarse no horario habitual do centro.

O día 25 de maio ás 17.30 horas os grupo dos obradoiros de Cachibol 1 e Cachibol 2 do centro competirán para ver cal é o gañador. A cita será no pavillón de deportes do Colexio Fingoi con entrada libre e gratuíta para todas as persoas seguidoras deste deporte e curiosas en xeral. A partir das 19.30 horas comezará unha exhibición de break dance a cargo dos integrantes de Non ten duda no salón de actos do propio centro de convivencia.

Finalmente, o día 29 de maio, a partir das 19.30 horas levarase a cabo unha gala teatral a cargo do grupo Piña Teatro do obradoiro de teatro do centro e un concerto coral a cargo da agrupación músico-vocal Xeada.

Todas as actividades son abertas, gratuítas e aptas para todos os públicos.

Noticias relacionadas