O Centro de Convivencia de Fingoi acollerá este xoves unha conferencia sobre o cachivol, unha alternativa física e recreativa para maiores

Será a partir das 18:00 horas, a cargo de Antonio Piñeiro Domínguez, catedrático en Educación Física, entrenador, psicólogo deportivo e autor do único libro publicado na actualidade sobre o cachibol no mundo. A entrada é libre e gratuíta.

Martes, 24 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Centro de Convivencia de Fingoi acollerá este xoves unha conferencia sobre o cachivol, unha alternativa física e recreativa para maiores

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, que dirixe Ana González Abelleira, preparou para este xoves, 26 de outubro, unha conferencia sobre o cachivol, unha alternatativa física e recreativa para persoas maiores. Será a partir das 18:00 horas, no Centro de Convivencia Fingoi, a cargo de Antonio Piñeiro Domínguez, catedrático en Educación Física, entrenador, psicólogo deportivo e autor do único libro publicado na actualidade sobre o cachibol no mundo. A entrada é libre e gratuíta, e tras a tertulia haberá unha sesión práctica no mesmo lugar.

A edil convidou ao pobo de Lugo tanto a asistir a esta presentación como a practicar o cachivol, unha adaptación do voleibol, que o Concello ofrece neste centro de convivencia ao longo de todo o ano dentro da programación de animación sociocultural, coa que a entidade local buscar manter activa a toda a poboación con actividades lúdicas e deportivas.

Máis info

  • Cartel "Conferencia-Faladoiro sobre o CACHIVOL" | Descargar pdf

Noticias relacionadas