O Centro de Convivencia de Fingoi acolle as IX Xornadas de Tear Tradicional

Luns, 23 de marzo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Centro de Convivencia de Fingoi acolle as IX Xornadas de Tear Tradicional que se celebran entre os dias 6 e 23 de abril e nas que os participantes aprenderán como usar un tear tradicional, en colaboración coa Concellería de Benestar Social e Igualdade.

O curso celebrarase de luns a xoves de 17 a 19 horas e o número máximo de participantes por grupo será de 15. Os interesados poderán inscribirse ata o mércores 25 de marzo en horario de mañá no propio centro de convivencia ou no teléfono 982.29.74.55.

Cartel Tear 2015

Noticias relacionadas