O centro da cidade involúcrase nos Orzamentos Participativos

Lara Méndez e Rosana Rielo explicaron este proceso participativo, que activou o Goberno co obxecto de dar a palabra aos veciños e veciñas, para materializar as súas necesidades nos presupostos municipais

A recollida de propostas rematará este venres, 7 de setembro, para as ideas que se canalicen a través do Rexistro Xeral, e o domingo 9 de setembro, para as que se fagan chegar a través de loop.lugo.gal

Martes, 04 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O centro da cidade involúcrase nos Orzamentos Participativos

O centro da cidade tamén se quixo involucrar nos Orzamentos Participativos. Así quedou constancia na xuntanza veciñal que tivo lugar este martes no centro de convivencia Uxío Novoneyra, tras celebrarse reunións no Sagrado Corazón, Fingoi e a Piringalla.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, explicaron este proceso participativo, que activou o Goberno de Lugo co obxecto de dar a palabra aos veciños e veciñas, e que sexa a cidadanía a que achegue propostas para materializar as súas necesidades nos presupostos municipais, en total nunha partida de 350.000 euros.

Esta xuntanza forma parte da primeira fase dos Orzamentos Participativos, a recollida de propostas, que rematará este venres, 7 de setembro, para as ideas que se canalicen a través do Rexistro Xeral do Concello, e o domingo 9 de setembro, para as que se fagan chegar á entidade local a través da web loop.lugo.gal. Nesta primeira fase pode participar calquera persoa empadroada en Lugo ou con vinculación, sexa por estudos ou traballo, co municipio. Posteriormente terá lugar a fase de avaliación e viabilidade das propostas, por un equipo técnico municipal.

Con este procedemento, o equipo de Lara Méndez fomenta a participación veciñal, promove que a cidadanía non sexa simple observadora dos acontecementos e que se converta en protagonista activa do que pasa no seu municipio e mellora a comunicación entre o Concello e a veciñanza.

Máis información en https://loop.lugo.gal/

Noticias relacionadas